Alcoa recibiu un apoio masivo en Burela e tamén en campañas de internet

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A noite do xoves Burela congregou a uns 7.
Captura de pantalla 2020 01 17 a las 22.10.21
Captura de pantalla 2020 01 17 a las 22.10.21
25 Out 2019

A noite do xoves Burela congregou a uns 7.000 manifestantes en apoio dos traballadores de Alcoa ante a ameaza de peche da factoría. A vindeira cita será o 3 de novembro en Viveiro. Foi a terceira concentración que se promove pola continuidade do complexo industrial. O que se pide é que o Goberno abarate a tarifa enerxética para que a empresa poda competir no mercado do aluminio.

As rúas lembraron que de Alcoa San Cibrao dependen 1.100 postos de traballo directos e 500 indirectos.

Paralelamente na plataforma change.org tamén se mobilizan apoios en favor de Alcoa. O que piden a través de internet é un prezo da enerxía competitivo para igualar a países coma Francia e Alemaña e competir no mercado en condicións de igualdade. De non conseguirse, os afectados pensan que haberá un peche e agradecen o apoio recibido. Agradecido amosóuse tamén o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, que tiña enviado requerimentos á cidadanía para acudir á convocatoria en favor dos traballadores.

0.18259310722351