Alejandro Núñez únese ao corpo técnico do Bloques Cando FSF Castro

TerraChaXa | LugoXa
Alejandro Núñez Núñez, Álex, pasa a formar parte do corpo técnico do Bloques Cando FSF Castro, segundo comunicou o club.
en marea Cristina Pérez defende en Vilalba
8 Feb 2021

Alejandro Núñez Núñez, Álex, pasa a formar parte do corpo técnico do Bloques Cando FSF Castro, segundo comunicou o club.

Álex, formado como coach deportivo, chega ao club para que as coñecidas como Mulleres Guerreiras consigan o seu máximo rendemento. Tras moitos anos dedicados ao Atletismo de alto nivel, chegando incluso a formar parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e sendo medallista autonómico en todas as categorias, Álex decantouse polo Traballo Social e máis adiante polo Coaching Deportivo.

"Dende aqui estamos moi felices de ter a Alex na nosa plantilla xa que traballou con grandes deportistas como Andrés Bitos (xogador profesional de padel, Campión de Europa) ou Cristina Lara (velocista da Selección Española e do FC Barcelona, ademáis de 6 veces campioa de España entre outros logros).

0.17838191986084