Alimentación na xestación
Por Noel López Pinín
Ola un mes máis lectores, desta vez falaremos sobre a alimentación na xestación, non é a primeira nin a segunda vez que escoito as nais xestantes decir “cando dé a luz teño que poñerme a dieta xa que agora non podo” , ese pensamento é un erro , nesta etapa da vida é unha das etapas nas cales é mais necesario coidarse para así sufragar todos os requerimientos nutricionais que o feto e a nai xestante necesitan .
Antes de nada considero oportuno decir que unha nai xestante non debemos de tratala como a unha persoa enferma, salvando pequenas particularidades a dieta de una nai xestante non disipa demasiado da dieta de unha persoa normal, iso de que unha nai xestante debe comer por dous ou de que si non se lle cumplen os antoxos o bebé nacerá con manchas na pel ou que o bebé pode nacer con problemas son nin máis nin menos que mitos e pensares equívocos.
É importante empezar un plan nutricional antes de quedar embarazada , pois en función do peso que partimos faremos a valoración da ganancia de peso a realizar durante dito proceso, decir tamén que hai un maior número de riscos asociados nunha nai xestante que parte de sobrepeso ou obesidade que nunha nai xestante que parte de normopeso pero que fixo unha ganancia de peso superior a programada, cada vez son máis recurrentes os casos con diabestes xestacional, o 50% dos casos podrían remediarse con unha alimentación ben pautada.
Realizar un plan nutricional antes de quedar en cinta é importante tanto si se parte de sobrepeso xa que en estes casos a baixada de peso deberá realizarse sempre antes de quedar en cinta xa que non se debe baixar peso unha vez embarazada así como tamén é importante realizar un plan nutricional antes de quedarse embarazada as nais que parten de normopeso xa que hai certos nutrintes como o iodo ou a vitamina b9 (ácido fólico) que son fundamentais durante as primeriras semanas de xestación e que se corremos o risco de non garantizalos si a dieta non está ben programada.
Non se recomenda baixar peso durante a xestación , baixar peso é señal de que a dieta é insuficiente calóricamente falando e iso vai a xerar maior cantidade de corpos cetónicos, os corpos cetónicos son o producto que se obtén trala combustión da graxa, una dieta hipocalórica xera ditos corpos que poden provocar problemas no desarrollo do feto provocando incluso una morte fetal.
A dieta de una nai xestante debe ser unha dieta equilibrada, unha dieta non restrictiva na que se atopen todos os macronutrientes (graxas, proteínas , hidratos) e tódolos micronutrintes (vitaminas e mineráis) , os hidratos de carbono son fundamentáis nesta etapa da vida , iso si , deberemos recurrir a hidratos integrais como arroz integral, quinoa, trigo sarraceno, centeno así como tamén deberemos recurrir a graxas boas como aceite de oliva virxe, froitos secos, peixe azul , aguacate etc
Debemos prestar especial atención ao omega 3 e 6 , ao ferro, ao iodo, a vitamina B9 , debemos limitar o consumo de mercurio , moito ollo a abusar de peixes de tamaño grande xa que presentan maior concentración de mercurio, mellor recurrir ao consumo de peixes de tamaño pequeño como sardiñas, meigas, lirios etc
Os lácteos sempre pasteurizados para así evitar patóxenos, evitar o consumo de patés e evitar o consumo de comida procesada (risco de contaxio alimentario)
No consumir ovo crudo nin alimentos elaborados con ovo crudo.
Non consumir fiambres como por exemplo o xamón serrano ata descartar toxoplasmosis salvo que antes fose conxelado , non podemos comer carne pouco pasada así como tamén hai certas infusións que non son seguras como por exemplo a menta poleo ou a manzanilla xa que teñen un componente ateroxénico que pode xerar malformacións no feto, realmente hai poucas infusións seguras e serían as seguintes: té verde, té negro, té rooibos, jengibre , ortiga , menta e palla de avena.
Si vos gustou o post aconséllovos que visualicedes na miña páxina de facebook : Noel López pinín – Nutrición- o video que comparto sobre alimentación na xestación, en dito video profundizamos moito máis na materia de forma conxunta coa miña compañeira Lidia Lestegás (matrona).