Alumnado da UNED visita o Centro Penitenciario de Bonxe na Semana da Administración Aberta

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, recibiu hoxe ao alumnado de Dereito, Psicoloxía e Traballo Social da UNED, que asistiu xunto á directora, Ana Belén Traseira, a unha visita guiada polas instalacións do Centro Penitenciario de Bonxe, con motivo da Semana da Administración Aberta.
Alí, a subdelegada, destacou o traballo da institución e animou aos alumnos e alumnas a continuar a súa formación e a ter en conta o funcionariado en institucións penais como unha das súas saídas profesionais.
A iniciativa da Semana da Administración Aberta pretende dar a coñecer o funcionamento das Administracións Públicas seguindo os principios de Goberno Aberto, como a transparencia e a participación cidadá.