Alumnos de varios centros da provincia celebran o mércores a festa final do Correlingua

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa
Lugo acollerá o mércores a última gran festa do Correlingua, coa participación de máis de 400 alumnos de diferntes centros da provincia
CartazCorrelingua2022
CartazCorrelingua2022
25 Out 2022

Lugo acollerá o mércores a última gran festa do Correlingua, coa  participación de máis de 400 alumnos e alumnas.

O Correlingua pechará a edición deste ano con unha gran festa o próximo mércores 26 no Auditorio Gustavo Freire. A festa dará comezo ás 12.00 e estará presentada por Fran Rei.

O alumnos que participarán veñen dende diferentes institutos da provincia entre os que se atopan o CEE Santa María, IES Ánxel Fole, o IES Sanxillao, o  IES NªSª dos Ollos Grandes de  Lugo, o CPI de Cervantes, o CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel), o CPI Virxe do Monte (Cospeito), o CPI Luís Díaz Moreno (Baralla) e o EEI Xela Arias (Sarria).

A xornada festiva abrirá coa lectura do manifesto do Correlingua 2022, baixo o lema Fálame e coa actuación de Pauliña, unha das bandas de referencia do panorama musical galego actual que conta coa cambadesa Paula Chaves Pauliña á fronte.

O Correlingua, un programa organizado pola Asociación Correlingua, A Mesa e a ASPG propón ao longo do ano diferentes actividades arredor da lingua en centros educativos galegos.

CartazCorrelingua2022
0.18417906761169