Álvare está de festa a fin de semana

A parroquia pastoricense de Álvare está de festa esta fin de semana na honra á Virxe dos Dolores. O sábado 30 a música estará ao cargo do Alaska que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena, onde tamén estará Galilea, que presenta o Tour 2026.
Previamente terá lugar a misa solemne e a procesión, a partir das 13.30 horas.
O domingo haberá misa solemne ás 14.00 horas seguida de sesión vermú co dúo Belinda, actuación que porá o punto e final á celebración.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.