Álvare está de festa a fin de semana

TerraChaXa
O sábado 1 a música estará ao cargo do grupo Fénix e Principal
cartel-festas-alvare
Cartel das festas
29 Maio 2024

A parroquia pastoricense de Álvare está de festa esta fin de semana na honra á Virxe dos Dolores. O sábado 1 a música estará ao cargo do grupo Fénix, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena.

Previamente terá lugar a misa solemne e a procesión, acompañada de Gaitas Galegas, a partir das 13.30 horas. Pola noite tamén estará a orquestra Principal.

O domingo haberá misa solemne ás 14.00 horas seguida de sesión vermú co dúo Venus, actuación que porá o punto e final á celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.19178199768066