Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo a súa tradicional Xornada Micolóxica

O domingo 27 de outubro a partir das 9.30 horas, haberá unha xornada micolóxica en Castro de Rei organizada polo colectivo Amigos da Feira.
O programa abrirase cunha saída para a recollida de cogomelos desde o Teleclub de Castro de Rei para rematar, ás 14.30 horas cun xantar na caseta do polbo, no campo da feira de Castro de Rei.
O menú consistirá en tosta de champiñóns, empanada de níscalos e mexillóns e fideuá con carne e setas e o seu prezo por persoa determinarase no propio evento.
A organización recomenda levar roupa e calzado cómodo e deportivo para a xornada.
Esta actividade require de inscrición previa. O 24 é o último día para anotarse e pode facerse en diferentes establecementos comerciais (Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca), enviando un WhatsApp ao número da asociación (624 09 92 75) ou chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).