Amigos da Feira organiza este mes dúas sesións de cine ao aire libre

LugoXa | TerraChaXa
Proxectarase o día 10 'Cuñados' e o 24 '20.000 especies de abejas'
cuñados_cartel
Cartel
9 Ago 2024

O colectivo Amigos da Feira de Castro de Rei organiza este mes dúas sesións de cine na rúa.

A primeira terá lugar o sábado 10 de agosto ás 22.00 horas no campo da Feira, no telelub se chove, para ver Cuñados.

A familia Ribeiro está para gozar das festas preferidas de todo bo ourensán: o Entroido. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados abriron un posto de polbo en Ourense, unha estratexia perfecta para branquear o diñeiro do botín que sacaron na primeira entrega. Entre unha cousa e outra, Modesto integrouse como un membro máis da familia: un cuñado adicional. Porén, a aparición en Ourense de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados. Este novo enredo culminará cun cadáver na ponte internacional de Tui, transformando este Entroido nun baile de máscaras auténtico.

A segunda sesión será o 24 de agosto, á mesma hora e no mes lugar. Nesta ocasión verase 20.o00 especies de abejas.

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas dos demais e non entende por que. Todos ao seu redor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na ollada dos demais. A súa nai Ane, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai Lita e a súa tía Lourdes, estreitamente ligada á crianza de abellas e á produción de mel. Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e medos. E sobre todo, a Ane a ser por fin honesta consigo mesma.

0.18110704421997