Amigos da Feira organiza unha churrascada de Lume Novo en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará este venres, 23 de xuño, a partir das 22.00 horas, a noite de Lume Novo.
churrascada-lume-novo-amigos-da-feira-castro-portada
churrascada-lume-novo-amigos-da-feira-castro-portada
19 Xuño 2023

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará este venres, 23 de xuño, a partir das 22.00 horas, a noite de Lume Novo, unha festa ten como eixo principal unha churrascada no polideportivo de Castro de Rei.

A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante pero tamén poden acudir os que o desexen cun custe de 12 euros por persoa. Os nenos maiores de 10 anos pagarán a metade e os menores desa idade será gratuíto.

Para participar haberá que inscribirse previamente cos membros da asociación nos seguintes establecementos:

  • Supermercado Claudio Grueira - 982 31 41 40
  • Germán Naval Lage - 982 31 42 70
  • Librería Maduca - 982 31 44 23
  • Enviando un WhatsApp ao número da asociación: 624 09 92 75.
  • Chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).
churrascada-lume-novo-amigos-da-feira-castro
0.14194703102112