Amigos da Feira organiza unha excursión á Ribeira Sacra

LugoXa | TerraChaXa
O itinerario terá o seu inicio ás 9.00 horas coa saída do autobús desde o campo da feira de Castro de Rei
paisaxe-rio-mino-ribeira-sacra
Unha vista do Sil na Ribeira sacra
16 Maio 2024

O domingo 26 de maio a asociación Amigos da Feira realizará a súa excursión anual, esta vez á Ribeira Sacra e ao Canón do Sil. O itinerario terá o seu inicio ás 9.00 horas coa saída do autobús desde o campo da feira de Castro de Rei.

Ás 12:00 sera a saída guiada en catamarán desde o embarcadoiro de Santo Estevo para navegar durante hora e media polo treito mais abrupto do Canón do Sil.

Farase parada para degustar un xantar típico da Ribeira Sacra con empanadas varias, carrilleiras ao Mencía, Flan da casa, pan e bebida.

Pola tarde está prevista unha visita guiada a San Pedro de Rochas, o mosteiro máis antigo de Galicia, parcialmente escavado na rocha e no que se atopa o centro de interpretación da Ribeira Sacra.

Continuarán, ás 17.30 horas cunha breve visita á vila histórica de Castro Caldelas, considerada a máis bonita da Ribeira Sacra, e unha visita a unha adega típica para realizar unha cata de viños DO Ribeira Sacra. O regreso está previsto ás 21.30 horas.

A actividade terá un prezo para socios de 45 euros e de 55 para non socios. O prezo inclúe transporte, catamarán, guía, xantar, cata de viños e entradas aos lugares da visita.

As persoas que desexen anotarse poden facelo ata o 21 de maio nos establecementos habituais ou no whatsapp 624 099 275.

0.11019682884216