Amigus Labs organiza un campamento de tecnoloxía

TerraChaXa
A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración co Concello de As Pontes e Servicio Móvil, Un campamento de ciencia e tecnoloxía.
amigus kids lab portada
amigus kids lab portada
20 jul 2022

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración co Concello de As Pontes e Servicio Móvil, Un campamento de ciencia e tecnoloxía do 1 ao 5 de agosto no Lar de Endesa das Pontes en horario de 9:00 a 14:00.

No campamento de ciencia e tecnoloxía a rapazada realizará obradoiros de robótica, programación, impresión 3D, reciclaxe, electrónica e ciencia na cociña.

Trátase de talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6 a 14 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a base dun pensamento lóxico deductivo.

O contido do curso serán actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.