Amigus organiza mañá unha charla sobre control de CNC
O sábado, 22 de agosto, en Amigus Labs, celebrarase unha de charla de Álvaro Rey, de Maker Gal, na que explicará o proceso de creación do ficheiro gcode desde bCNC e envío a CNC.
A charla, que será de 11.00 a 13.00 horas, é gratuíta e as inscricións formalizaranse por orde de rexistro na web do organizadores.
O control numérico ou control decimal numérico (CN) é un sistema de automatización de máquinas ferramenta que son operadas mediante comandos programados nun medio de almacenamento, en comparación co mando manual mediante volantes ou pancas.
Álvaro Rey Rodríguez é graduado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, pola Universidade da Coruña, especialista en temas de impresión 3D e prototipado rápido e fundador da empresa MakerGal dedicada á fabricación de impresoras 3D e á prestación de servizos de impresión 3D para diferentes colectivos.