Ampliado o prazo de exposición pública do inventario de camiños de Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira manterá en exposición pública o Inventario de Camiños de Titularidade Municipal ata o próximo xoves 9 de maio.
16 Abr 2024

O Concello de Meira manterá en exposición pública o Inventario de Camiños de Titularidade Municipal ata o próximo xoves 9 de maio.

Este concello adxudicou á empresa Aleutos Solutións SL, a realización dun inventario dos camiños de titularidade municipal, que se expón no salón de plenos para que poda acceder toda a poboación en horario de mañá de 9.00 a 15.00 horas, na casa do Concello de Meira. Tamén pode consultarse na web municipal.

Poderán formular reclamacións todas aquelas persoas que se vexan afectadas, debendo aportar a correspondente documentación xustificativa da propiedade de ser o caso.

0.18013405799866