Amuraxe busca solucións aos problemas da viveda en dúas reunións coa veciñanza

TerraChaXa
O grupo de mulleres rurais local invita aos veciños e veciñas a achegarse para dar o seu punto de vista
falemos-xermade-mulleres-rurais-amuraxe-portada
Cartel do evento
18 may 2024

O colectivo Amuraxe de Xermade celebrará os días 22 e 29 de maio dúas reunións coa veciñanza para falar sobre a problemática da vivenda.

Co título Falemos de Xermade, o grupo de mulleres rurais local invita aos veciños e veciñas a achegarse para dar o seu punto de vista sobre os problemas da vivenda.

Os dous días, mércores, as reunións terán lugar ás 11.00 horas na sede da Asociación de Mulleres de Amuraxe.

Os que desexen participar poden facelo a través do teléfono 698 195 096, en chamada ou por Whatsapp.

falemos-xermade-mulleres-rurais-amuraxe