Amuraxe celebrará o Magosto o vindeiro 21 de novembro

A asociación Amuraxe organiza o vindeiro sábado 21 de novembro unha nova celebración do Magosto, que terá lugar no Sindicato Agrario a partir das 14.00 horas.
As persoas asistentes poderán gozar dun menú composto por callos, costela asada, sobremesa e as tradicionais castañas, nunha xornada pensada para compartir e manter viva esta tradición do outono.
O prezo da comida será de 20 euros para as persoas socias e de 25 euros para as non socias.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 16 de novembro, comunicándollo a calquera membro da directiva da asociación.
Con esta iniciativa, Amuraxe convida a veciñanza a reunirse e celebrar unha das festas máis tradicionais desta época do ano.