Amuruxe celebra este sábado unha charla sobre cancro e diabetes
TerraChaXa
Será ás 18.00 horas dirixida a público adulto
27 sep 2024
O colectivo Amuruxe, de Saldanxe, na Pastoriza, continúa coas súas actividades previstas para este mes.
Para os adultos está prevista unha acción o sábado 28, tamén ás 18.00 horas. Trátase dunha charla sobre o cancro e a diabetes a cargo de Marián Pérez e José Manuel Vázquez.
As dúas actividades son gratuítas con prioridade para as socias. Hai que confirmar asistencia coa directiva ou por email no amuruxe@gmail.com.