Ana Fraga e Pilar López foron as gañadoras do terceiro Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz

TerraChaXa | AMariñaXa
31 Jan 2019

Ana Fraga Dorado e Pilar López López foron as gañadoras do terceiro Campañazo que organiza o CCA de Foz durante este mes de xaneiro. As dúas mulleres resultaron agraciadas (cada unha) con 150 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto e que participan nesta tradicional campaña. Ana Fraga fíxose con cartón premiado en Óptica Eliseo e Pilar López en Casa Moreda. As dúas cantaron bingo no bar Acuario o pasado 25 de xaneiro.
No acto de entrega de premios participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz; María José García, propietaria do bar Acuario; e Vanesa López, representante de Óptica Eliseo. Varias persoas repartíronse os outros 300 euros do terceiro sorteo do Campañazo deste mes de xaneiro de 2018.
O Campañazo rematará mañá, día 1 de febreiro. En xogo estarán 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados. Os sorteos do Campañazo do Centro Comercial Aberto focense realízanse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.

0.154629945755