Ángel Prieto Trastoy celebra o seu centenario en San Simón da Costa

TerraChaXa
Desde o Concello destacaron o carácter próximo, a alegría e o sentido do humor que segue a demostrar aos seus cen anos
centenario-angel-trastoy
29 Jun 2026

O veciño de San Simón da Costa Ángel Prieto Trastoy celebrou o seu 100 aniversario recibindo a visita da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e da concelleira Paula Vigo, que se desprazaron ata a súa residencia para felicitalo persoalmente nunha data tan especial.

Durante o encontro, as representantes municipais compartiron un agradable momento con Ángel e coa súa familia, que as recibiron con agarimo e hospitalidade. A visita serviu para render homenaxe a un veciño moi querido na parroquia, protagonista dunha longa vida chea de vivencias e experiencias.

Desde o Concello destacaron o carácter próximo, a alegría e o sentido do humor que segue a demostrar Ángel Prieto Trastoy aos seus cen anos, converténdose nun exemplo de vitalidade e de apego á súa contorna.

Con motivo desta celebración, o Goberno local trasladoulle os seus mellores desexos, agardando que continúe gozando de saúde e de moitos momentos felices xunto á súa familia e seres queridos.

A xornada concluíu cunha emotiva felicitación ao centenario veciño, que recibiu o recoñecemento e o cariño tanto da súa contorna máis próxima como da representación municipal de Vilalba.

0.12822604179382