Ángeles Goás contará os seus contos este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
A narradora oral Ángeles Goás estará este sábado, 27 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, para unha contada de contos.
angeles goas contacontos portada
angeles goas contacontos portada
24 Maio 2023

A narradora oral Ángeles Goás estará este sábado, 27 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, para levar a cabo unha contada que leva por título Un saco de contos.

Historias tradicionais e literarias, dirixidas para as crianzas, a partir de cinco anos, e as súas familias, que traerá, a contadora de Abadín, dentro dun saco máxico e que trocará por rimas, refráns, trabalinguas... co público asistente.

Para asistir á actividade é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

angeles goas contacontos
0.11595606803894