Antía Cal e Raúl Galego recibirán este sábado as Mans da Irmandade en Meira
A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos celebrarán este sábado 23 de setembro un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira.
O acto, que se celebra no Pedregal de Irimia terá lugar ás 12.00 cunha lectura do resumo do Manifesto da Afirmación e Dignidade, que se entregará en impresión abreviada, da autoría de Baldomero Iglesias Mero.
Como todos os anos van a compartirse simbolicamente manifestos e proclamas de distintos colectivos da defensa da liberdade, da natureza e reinvidicacacións da Asociación Avelino Díaz. Esta celebración anual reivindica o simbolismo e a paisaxe do Pedregal “e o nacemento do pai dos nosos ríos”.
Este ano as Mans da Irmandade, obra de Manolo Pardo, son para o gaiteiro Raúl Galego, gaiteiro Nubeiro, en representación da cultura tradicional galega; e para Antía Cal, que foi un referente de dignidade nos eidos da Cultura, do Ensino e da historia recente de Galacia.
Máis tarde haberá un xantar.