Antonio Prieto e Jorge González gañan o XXII Rally Rías Altas de Regularidade

GaliciaXa | TerraChaXa | ACoruñaXa
A proba, organizada polo Moto Club Coruña-Escudería Centollo coa colaboración dos concellos de Guitiriz e A Coruña e do Iberik Gran Balneario, reuniu 43 equipos nun percorrido duns 300 quilómetros
GUITIRIZ gañadores rallye rias altas 2026
26 Oct 2026

O XXII Rally Rías Altas de Regularidade celebrouse este sábado, 24 de outubro, cun percorrido duns 300 quilómetros por 19 concellos das provincias da Coruña e Lugo. A competición, organizada polo Moto Club Coruña-Escudería Centollo coa colaboración do Concello de Guitiriz e do Iberik Gran Balneario de Guitiriz, contou coa participación de 43 equipos.

A proba permitiu participar na modalidade de mañá, na de tarde ou na xornada completa, ofrecendo diferentes opcións para os equipos inscritos.

Antonio Prieto e Jorge González gañan a clasificación xeral

Na clasificación da xornada completa, a vitoria foi para Antonio Prieto e Jorge González, ao volante dun Volkswagen Sirocco da escudaría Arenteiro Clásicos, con 143,5 puntos.

A segunda posición foi para Adrián Vidal e David Blanco, cun Renault 5 da escudaría Cambre, con 179 puntos. Diego López e Miky Caldas, co Seat 124 Sport de O Toxo / Salnes, remataron terceiros con 179,4 puntos.

Juan Recimil e Alejandro Barrio imponse na xornada de tarde

Na clasificación da tarde, os vencedores foron Juan Recimil e Alejandro Barrio, co Toyota Celica 2.0 GT da escudaría O Toxo, que sumou 97,5 puntos.

José Antonio González e Pablo González acadaron a segunda posición cun BMW 323i de Arenteiro Clásicos, con 184,4 puntos, mentres que Hugo Vilas e Antonio Barreiros finalizaron terceiros cun Porsche 944 da Escudería Centollo, con 208,1 puntos.

Guitiriz acolle a entrega de premios

A modalidade de tarde tivo a saída na praza do Campo da Feira de Guitiriz e a chegada no Iberik Gran Balneario, onde se celebrou a entrega de premios e a cea de confraternización.

No acto participaron competidores e representantes das entidades organizadoras e colaboradoras, entre eles Daniel Val, director do Iberik Balneario de Guitiriz.

0.15204405784607