Anulan o III Premio Torre de Caldaloba por un problema informático pero volverán convocalo

TerraChaXa
En xuntanza celebrada o 13 de outubro de 2020, o Concello de Cospeito, a Asociación Cultural de Pino e Culturalia GZ, despois dunha demorada deliberación acordaron anular a convocatoria en curso da 3ª edición do Premio de Poesía Torre de Caldaloba.
Captura de pantalla 2020 09 08 a las 9.55.18
Captura de pantalla 2020 09 08 a las 9.55.18
14 Out 2020

En xuntanza celebrada o 13 de outubro de 2020, o Concello de Cospeito, a Asociación Cultural de Pino e Culturalia GZ, despois dunha demorada deliberación acordaron anular a convocatoria en curso da 3ª edición do Premio de Poesía Torre de Caldaloba.

Segundo explican "un fallo informático na recepción dos traballos presentados desencadeou un erro administrativo irresoluble que non dá as garantías necesarias para que" se poida acadar un ditame legalmente atribuíble a un concurso literario destas características".

Debido a isto, resolveron atallar "calquera irregularidade sucesiva" mediante a anulación da convocatoria "nas condicións desfavorables nas que se podería desenvolver, provocadas polo mencionado erro administrativo derivado do fallo informático, tamén referido".

Unha vez realizada esta anulación provisoria do certame, abrirase inmediatamente un novo proceso de convocatoria que, aínda conservando a denominación ordinal de 3ª edición, forzará o establecemento duns novos prazos (entrega de traballos, resolución de gañadores e entrega de premios) e cunhas bases "axeitadas que proporcionen as garantías indispensables para a execución totalmente carente de calquera prexuízo aos fundamentos dun certame literario (imparcialidade, fiabilidade, transparencia, legalidade").

Ademais "para dar maior solvencia a todo o fundamentado" procederase á destrución dos traballos e plicas que chegaron ata o de agora.

Os organizadores pediron desculpas a todas as persoas que presentaron os traballos e lles solicitaron "que continúen poñendo a súa confianza neste certame, porque esta decisión, que nos resultou difícil de tomar aínda que imprescindible, é unha boa mostra por parte da organización deste certame poético de primar a súa total integridade e transparencia".

106095098_280707563361438_3224785442616186895_n
0.21351909637451