Aprazada a obra de teatro prevista para este sábado na localidade pastoricense de Reigosa

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Reigosa suspendeu a noite de teatro co colectivo cultural Ollomao prevista para este sábado, na que se ía representar a obra Pan con Chocolate, unha actuación que de balde, xa que se engloba dentro do ciclo de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación.
pan con chocolate obra ollomao portada
pan con chocolate obra ollomao portada
17 Nov 2023

A Asociación de Veciños de Reigosa suspendeu a noite de teatro co colectivo cultural Ollomao prevista para este sábado, na que se ía representar a obra Pan con Chocolate, unha actuación que de balde, xa que se engloba dentro do ciclo de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación.

Tres “nenos” e tres “nenas” que se acaban de retirar, reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis, non podendo evitar recordar as cousas da vida de cando eran pequenos. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todos nos resultan familiares. Lembranzas ás veces felices e ás veces moi tristes, pero que desde a perspectiva do tempo vanse suavizando. “Por moi mal que o teñas pasado cando eras nova, cando volves a vista atrás, recordas aqueles anos con tenrura, con agarimo, con nostalxia, eu que sei…” O caso é que cando nos xuntamos tres ou catro persoas da mesma xeración é inevitable que nos poñamos a rememorar cousas do pasado. E aos que andan por riba dos 60, sempre, sempre, sempre, se lles van vir á cabeza aquelas merendas de pan con chocolate.

pan con chocolate obra ollomao
0.18124890327454