Aprobado o cambio de titularidade de dous treitos de estradas de Xermade

TerraChaXa
O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio detitularidade a prol do Concello de Xermade de treitos de estradas.
cambio titularidade estradas xermade
29 Oct 2022

O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Xermade dun treito antigo da estrada autonómica LU- 170, que comunica Parga e Cabreiros; e dun treito antigo da LU-861, que une Vilalba ata o límite da provincia en Igrexafeoita. Ambos os dous treitos transfírense xunto co seu dominio público viario asociado.

Concretamente, transfírese a titularidade do treito antigo da LU-170, con inicio no punto quilométrico 28+960 da marxe dereita da actual LU-170 e ata o quilómetro 15+510 da marxe esquerda da LU-861, cunha lonxitude de 611 metros aproximadamente, ademais dos 12.189 m2 de superficie do seu dominio público.

Tamén se transfire o treito antigo da LU-861, na súa marxe esquerda, entre o punto quilométrico 16+020 e o 16+140, cunha lonxitude aproximada de 130 metros, e a superficie do seu dominio público asociado, 2.553 m2 .

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, por proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello de Xermade terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto aprobado polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17490410804749