Árdello e Eixo pon en marcha un curso de gaita e percusión para todos os niveis e idades

Árdello e Eixo, o grupo de Sancovade, porá en marcha o vindeiro 1 de outubro unha nova actividade formativa centrada na música tradicional galega, con clases de gaita e percusión abertas a persoas de todos os niveis e idades.
As sesións celebraranse os xoves a partir das 20.00 horas e estarán orientadas tanto á aprendizaxe da técnica e do repertorio da gaita como ao traballo de ritmo e coordinación na percusión. A proposta busca achegar a música tradicional a persoas con diferentes niveis de experiencia e favorecer a aprendizaxe e o goce colectivo.
O curso permitirá tamén afondar na tradición musical galega e compartir coñecementos e experiencias entre os participantes.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 615 24 28 41, correspondente a Juanjo, e 651 47 89 16, de Lucía. O prezo é de 15 euros para socios e de 20 euros para persoas non socias.