Arneiro celebra as súas festas a partir do venres

A localidade de Arneiro, en Cospeito, celebrará esta fin de semana as súas festas na honra da Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador, cunha programación que combinará gastronomía, música e actividades para os máis pequenos.
Os festexos comezarán o venres cunha churrascada popular aberta a todas as persoas que queiran asistir. A continuación terá lugar unha verbena amenizada pola formación Puzzle Animación.
O sábado, a programación comezará ás 13.30 horas cunha misa solemne con procesión e sesión vermú a cargo de M3 Show. Pola noite, a música volverá ser protagonista cunha verbena na que actuarán M3 Show e Trío Calibre.
As celebracións continuarán o domingo 23 cunha nova misa solemne con procesión ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada por Trío Calibre.
Durante as tres xornadas haberá tamén colchonetas gratuítas para os nenos, completando unha programación pensada para facilitar a participación de familias e veciñanza nas festas.