Arranca a Moexmu coa lectura do pregón

TerraChaXa
Responsables das distintas administracións reuníronse esta tarde en Muimenta para a inauguración da Moexmu 2024, que este ano chega á súa 40 edición cunha gran saúde como amosa o gran número de participantes nos concursos e de público asistente.
inauguracion moexmu 20245
inauguracion moexmu 20245
5 abr 2024

Responsables das distintas administracións reuníronse esta tarde en Muimenta para a inauguración da Moexmu 2024, que este ano chega á súa 40 edición cunha gran saúde como amosa o gran número de participantes nos concursos e de público asistente.

As autoridades percorreron a exposición de gando e interesáronse polos certames de Xóvenes Preparadores de Gando e de Gando de Raza Fisona ou pola Poxa de Gando Selecto, que se desenvolveron durante a tarde, xunto á lectura do pregón a cargo de Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo Aresa.

O conselleiro en funcións de Medio Ambiente, José González, foi o encargado de cortar a cinta xunto ao alcalde de Cospeito, Armando Castosa, e o presidente da comisión, Celestino Méndez.

O titular do Medio Rural en funcións fixo referencia en Cospeito á situación que están a vivir hoxe os titulares das explotacións, "derivada das complexidades que trouxo consigo a nova PAC e do contexto de incerteza provocada pola falta de concreción de Madrid e Bruxelas á hora de determinar o nivel de profundidade das reformas e a súa calendarización".

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou no evento “consolidada como referente na posta en valor e impulso do sector agrogandeiro e o rural en Galicia”. Miguel Fernández tamén felicitou e agradeceu “o seu esforzo e implicación” a todas as persoas que integran as comisións organizadoras da Moexmu, e, en xeral, a todos os veciños e veciñas de Muimenta e de todo o concello, que fixeron posible “40 anos de excelencia e puxanza” da feira, unha traxectoria na que a Deputación de Lugo “foi sempre unha compañeira de viaxe, coa man tendida para colaborar en todo o posible”.

O deputado nacionalista Daniel García felicitou á organización “polo corenta aniversario dunha feira que conta co aval do sector pero que, sobre todo, conta co apoio da veciñanza de Muimenta e da contorna, que sente a Moexmu como un sinal de identidade e motivo de orgullo” . Tamén destacou “a importancia destas citas gandeiras para dinamizar o sector, trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandería”. A deputada do BNG no parlamento galego, Montse Valcárcel destacou “a importancia desta cita gandeira para dinamizar o sector pero tamén para trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandaría e xerar, sobre todo entre a mocidade, unha maior autoestima e orgullo de pertencer ao rural”.