Arranca unha nova edición da Moexmu con numeroso público e gando

TerraChaXa
A Feira de Muimenta continuará durante a fin de semana con numerosos actos
inauguracion-moexmu-2025-2
5 Apr 2025

O recinto feira Manuel Vila de Muimenta acolleu este venres o acto de inauguración da XLI edición da Moexmu, onde o  acto principal foi a lectura do pregón, que estivo a cargo de Ricardo Durán, director da Semana Verde de Galicia.

Na súa intervención, o responsable de abrir a feira, lembrou a importancia histórica desta cita co sector agrogandeiro, do que dixo que foi "motor clave para a mecanización do campo", xunto á Semana Verde, e que serviron para orientar aos gandeiros cara a tecnoloxía que viña de Europa "naqueles tempos nos que non había Internet".

Durán puxo en valor o traballo que se realiza nas feiras sectoriais e que "a Moexmu é un evento con moito mérito e cita de referencia".

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; participou tamén na inauguración. Alí, destacou o papel deste evento á hora de potenciar e promocionar o sector agrogandeiro da contorna e, en definitiva, da comunidade.

A titular do departamento destacou que Cospeito é “un exemplo de emprendemento e de unión comunitaria, na que todos os actores implicados traballan de xeito conxunto para impulsar o sector agrogandeiro, o principal motor socioeconómico da comarca".

Así, asegurou que Moexmu é un “referente” para o norte peninsular e que nos seus 41 anos de historia actuou como testemuña da conversión do rural galego. Gómez recoñeceu o papel deste evento, que serve como escaparate da aplicación das novas tecnoloxías e da innovación ao sector, ao mesmo tempo que funciona como punto de encontro para intercambiar coñecemento entre os profesionais que o integran.

María José Gómez puxo en valor tamén o liderado de Galicia no sector lácteo e lembrou que a comunidade atópase entre as dez rexións europeas máis produtoras. A maiores, a conselleira do Medio Rural recoñeceu que os certames, concursos e poxas de gando teñen unha especial relevancia á hora de impulsar e potenciar o sector. A través destes certames dáse prestixio á cabana gandeira e promóvese a súa comercialización, subliñou.

Por parte da Deputación, estivo o responsable de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Casería, quen destacou a colaboración das institucións co sector primario a través das achegas para estes eventos. Sinalou que desde a Deputación “seguimos comprometidos en ofrecer recursos e ferramentas que favorezan a modernización e a competitividade das explotacións, apostando pola formación, pola innovación e a promoción dos nosos produtos locais”. E puxo como exemplo o traballo que desenvolve a Administración na Granxa Gayoso Castro.

A Feira de Muimenta continuará durante a fin de semana con numerosos actos, concursos de gando, de manexadores, poxas e outros actos musicais, todo co obxectivo de incentivar o sector. Ademáis da Mostra Exposición, tamén se celebrará o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXIX Poxa de Gando Selecto, ademais do IV Concurso de Xóvenes Peladores, o XXIV Concurso de Xóvenes Manexadores e o VII Monográfico do Can de Palleiro.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta organiza esta cita, que, un ano máis, conta coa colaboración do Concello, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, ademais de administracións públicas e privadas.

Este ano o xuíz do concurso será Javier Freije, que acude por cuarta vez á Moexmu, e os premios para as 24 seccións dos concursos suman os 26.000 euros. E como novidade, este ano será a primeira vez que se poña en marcha o convenio suscrito o pasado mes de febreiro entre Africor Lugo e Caixa Rural Galega, polo que a entidade bancaria subvencionará con 200 euros a adquisición de cabezs de gando na poxa.

Ademais dos concursos, a Moexmu contará con moitas máis opcións nos máis de 27.000 metros cadrados de exposición, dos cales 16.000 serán ocupados por maquinaria nova e usada, un dato que se incrementa con relación ao ano pasado. Os postos estarán ocupados por artesanía popular, produtos galegos e xa están ao completo.

Habrá exposición de traje tradicional del Centrad, así como demostraciones de artesanos y música y este año se estrena en la Moexmu el matadero móvil de Medio Rural. Completa el programa como todos los años, el concurso de Cans de Palleiro, puntuable para el Campeonato Gallego, que será el domingo por la tarde.

Pódese consultar a programación neste enlace.

⚙ Configurar cookies
0.16921401023865