Arranca unha nova edición do FIV con cambios no escenario Emprazadas

TerraChaXa
As malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana provocaron o primeiro cambio na organización do FIV 2024 para os días 26 e 27 de abril.
progama fiv horario
25 Abr 2024

As malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana provocaron o primeiro cambio na organización do FIV 2024 para os días 26 e 27 de abril. Desta forma, os concertos previstos para o escenario Emprazadas (en Santa María) pasan a celebrarse no auditorio, con acceso libre e co mesmo horario.

Todo seguirá sobre o previsto na praza da Constitución, onde está o escenario principal. Así, o venres abrirá o festival Señora DJ a las 19.30 horas, á que seguirá media hora despois Mondra. Ás 20.30 horas será o tempo de Veintiuno. Dorian subirá ao escenario ás 23.15 horas, mentres que Grande Amora o fará á 1.00 horas. Pecha a xornada Eme DJ ás 2.35.

O sábado comezarán os concertos na praza da Constitución media hora antes (ás 19.00), de novo con Señora DJ á que seguirá 30 minutos despois Lontreira e ás 21.00 Niña Polaca. Ás 22.45 arrancará Iván Ferreiro e ás 00.45 El Columpio Asesino.  Completa o programa Serial Killerz ás 2.30 horas.

Paralelamente, no auditorio actuará ás 12.30 horas do sábado a Banda de Música de Vilalba e ás 13.30 horas De Ninghures. Os outros dous concertos previstos serán ás 14.30 horas Grande Osso e ás 15.30 FIV Stars Karaoke.

O Parador acollerá un evento de aforo limitado, isto é: unha degustación do ribadense Arnao Vermut ás 18.00 horas do vernes e, o mesmo día, ás 16.30 un café derbi 21 con Nuno, de Grande Amore.

OS ARTISTAS

Iván Ferreiro encabeza o cartel da nova edición do festival vilalbés, no que están programadas doce actuacións do mellor da música indie. O galego presentará en Vilalba o seu novo álbum, Trinchera pop en directo con tdas as súas cancións máis emblemáticas. Estará acompañado da súa banda habitual.

Xunto a el estará Dorian. O seu regreso á actualidade musical produciuse o pasado mes de decembro coa publicación –e o éxito– de Dos vidas, gran single de adianto, cuxa arrebatadora melodía de voz viña arroupada por poderosas liñas de sintetizador marca da casa. Dos vidas incluía na súa letra unha homenaxe ao premio Nobel de literatura Gabriel García Márquez e os seus Cen anos de soidade, dándonos algunhas pistas sobre o que se aveciñaba.

El columpio asesino é outra das confirmacións. É unha das bandas máis influentes do pop nacional. Desde 1999, esta banda de Pamplona leva máis de dúas décadas sendo referente da música alternativa en España, e agora a súa traxectoria chegou ao seu fin. Atópanse inmersos en Amarga Baja, coas que están a celebrar esta despedida ao grande facendo o que mellor saben facer: lembrándonos en directo todos os momentos vividos coas súas cancións ao longo de todos estes anos.

Seguen no programa a actuación de Veintiuno. Diego Arroyo (voz, guitarra e teclados), Yago Banet (baixo), Pepe Narváez (batería e percusión) e Rafa Pachón (guitarrista), compoñen esta banda toledana. Son acérrimos defensores do concepto de banda e defínense como unha irmandade de losers coas ideas claras e que saben que, salga ben ou salga mal, crecerán e caerán xuntos. Levan anos labrándose un oco importante no panorama musical e obtiveron máis de 10 millóns de streams co seu álbum, Corazonada.

Niña Polaca é outra das confirmacións. Por fin chega Que adoren tus huesos, o esperado segundo álbum, desvelado ao longo dun camiño marcado por seis adiantos. Un proxecto cuxo punto de partida visible foi Lo que yo te he querido (pretérito perfecto), a mediados do novembro pasado, pero que foi concibido como un conxunto desde o primeiro momento.

Outros tres grupos completan o programa, Grande Amore, Mondra e Lontreira.

Grande Amore, ou o que vén sendo o proxecto formado por Nuno Pico, Clara Redondo e mariagrep, chegará ao FIV para deleitarnos con II, o seu segundo álbum. 10 temas que non deixarán indiferente a ninguén, confirmando o salto de Grande Amore como artista.

Xunto a estes estará Mondra, artista, cantante e bailador. O seu último álbum é unha experiencia musical, visual e performativa en diálogo coa música tradicional galega.

Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación.

Como non podía ser doutro xeito, estará presente a Banda de Música de Vilalba para deixar o resto do cartel a Serial Killerz, un dúo formado por Joe Cabana (DJ) e J Arriola (Drums).

E ademais, estarán EME DJ e Señora DJ. Marta Fierro, máis coñecida como Eme DJ, ten unha das traxectorias máis recoñecidas como DJ na escena indie-disco-pop de toda España. Señora Dj é una dj galega residente en Vilagarcía de Arousa.

Grade Oso. A súa historia comeza en 2019 para pechar o festival Ousa do Mar (Burela). Está formado por dous amigos da Mariña Lucense, Iago Peláez (Foz) e Dani Rego (Lourenzá). Nas súas sesións pódense escoitar estilos como rock, disco, funk, house, pero sobre todo indie con variedade de remixes.

De Ninghures iniciouse no ano 2022 co lanzamento do seu primeiro álbum Aquí. Non tardou en encher salas e en presentar a finais do 2023 Morena. Crean auténtico himnos que invitan ao público a entregarse.

0.15696406364441