Arrancan as festas en Duarría cunha churrascada o venres

LugoXa | TerraChaXa
O punto final a estes festexos, que contan coa colaboración do Concello de Castro de Rei, poñerase a partir das 20.00 horas cun animado tardeo musical de novo da man de Super Top
festas-duarria
29 Jul 2026

A parroquia de Duarría, no municipio de Castro de Rei, acollerá esta fin de semana as súas patronais na honra a Santiago Apostol.

As celebracións comezarán o venres cun carácter marcadamente gastronómico, xa que a partir das 22.00 horas os asistentes poderán gozar dunha churrascada popular, servida de antesala para a posterior verbena nocturna amenizada polas melodías do grupo Pekados.

O sábado, a xornada retomará a actividade a partir das 13.30 horas coa celebración da misa solemne, seguida da correspondente procesión e unha sesión vermú que contará coa música de M3 Show. Pola noite, a gran verbena do sábado promete poñer a bailar a toda a veciñanza grazas ás actuacións conxuntas da propia formación M3 Show e da recoñecida orquestra Combo Dominicano.

Finalmente, o domingo  os actos relixiosos volverán comezar ás 13.30 horas coa misa solemne e a procesión, dando paso a unha sesión vermú a cargo de Super Top. O punto final a estes festexos, que contan coa colaboración do Concello de Castro de Rei, poñerase a partir das 20.00 horas cun animado tardeo musical de novo da man de Super Top.

0.12946200370789