Arrinca a primeira edición do Dúatlon Torre dos Andrade en Vilalba

A localidade de Vilalba prepárase para facer historia este domingo, 19 de abril, coa celebración do I Dúatlon Torre dos Andrade - Concello de Vilalba. Esta primeira edición, organizada polo Concello en colaboración co Club Tríatlon Vilalba, nace con grandes expectativas e un escenario de excepción, tendo a maxestosa torre medieval como testemuña principal dun circuíto que se estrea por todo o alto no calendario autonómico.
Trátase dunha proba de dúatlon de estrada puntuable para a Liga Galega de Dúatlon de Estrada, atraendo tanto a competidores de elite como a afeccionados que desexen superar os seus propios límites nunha contorna única.
Co centro urbano como escenario, poderase seguir a proba moi de preto, con saída e meta na rúa Campo de Puente e a Praza da Constitución como punto clave da competición.
A proba feminina arrincará ás 10:00 horas e continuarase coa masculina ás 11:40. As seguintes citas serán ás 13:10 coas remudas mixtas e ás 14:45 h coa entrega de premios.
Trátase dun formato espectacular que combina carreira a pé e ciclismo, convertendo as rúas de Vilalba nun auténtico circuíto deportivo.