Os cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol Sala serán esta fin de semana
Hoxe retómase a Copa Deputación cos cuartos de final femeninos que enfrontará ao Valdesuso Peugeot Vilalba FS e o Restaurante O Korreo Guitiriz FS ás 20.30 horas no pavillón municipal de Vilalba.
Xa o sábado 7, o Lieders Futsal encarará ao Begonte FS no pavillón de deportes de Lugo ás 21.00. O Castro Bloques Cando xa está na semifinal xa que o seu partido contra o UD Pastoricense foi anulado.
Tamén o sábado, será a quenda do masculino que enfrontará ás 19.00 o Ribeira FS contra o Begonte FS no pavillón de deportes de Lugo e ás 20.00 horas será o partido do Valdesuso Peugeot Vilalba FS contra o AD Prone Lugo no pavillón municipal de Vilalba.
As semifinais terán lugar na mañá do día 1 de novembro e a final será pola tarde.
A fin de semana pasada disputouse a primeira xornada da Copa Deputación de Fútbol Sala, que cambia de formato nesta segunda edición para comezar en setembro e ter rematada a competición xa no mes de xuño.
A Copa Deputación deu comezo con cinco triangulares que se disputaron noutras tantas sedes, con partidos de 20 minutos a tempo parado. Na Terra Chá houbo tres sedes.