Arrinca o obradoiro de emprego compartido entre Vilalba e Abadín

TerraChaXa
Deron comezo cinco novos obradoiros de emprego que agrupan a doce concellos da provincia de Lugo, unha iniciativa de formación laboral que permitirá contratar a 120 persoas, das que 100 son alumnos traballadores -20 en cada taller- e o resto persoal de dirección, administración e monitores.
5 Nov 2018

En concreto, os obradoiros que comezaron son promovidos polos seguintes concellos: Vilalba, con Abadín; Antas de Ulla, con Palas de Rei; Monterroso, Taboada e Portomarín ; Baralla con Becerreá e As Nogais; Lugo cidade e Sarria.

A principal novidade desta convocatoria é a posta en marcha dos obradoiros con carácter dual, que permiten que os participantes combinen o contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro durante nove meses coa posibilidade da contratación posterior nunha empresa de polo menos tres meses máis.

Vilalba e Abadín compartirán a iniciativa Terra Chá Forestal, na que 12 alumnos traballadores dos dous concellos farán Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, mentres que 8 participantes no módulo de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos ocuparanse de dixitalizar fondos do arquivo local vilalbés.

0.19896697998047