As ANPAS do CEIP Veleiro Docampo e do CEIP Ramón Falcón organizan unha xornada de convivencia no aeródromo de Rozas

As ANPAS do CEIP Veleiro Docampo e do CEIP Ramón Falcón celebrarán o sábado 16 de maio unha xornada de convivencia no aeródromo de Rozas dirixida ás familias socias de ambas asociacións. A actividade comezará ás 16:30 horas e contará con distintas propostas lúdicas e educativas para os máis pequenos.
Durante a tarde, os asistentes poderán visitar o hangar do aeródromo e os nenos e nenas terán a oportunidade de subir nos helicópteros. Ademais, organizaranse xogos ao aire libre e haberá unha merenda para todos os participantes.
As familias participantes deberán desprazarse polos seus propios medios ata o aeródromo de Rozas. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, polo que as persoas interesadas deberán anotarse previamente a través do formulario habilitado polas ANPAS antes do 8 de maio.
As entidades organizadoras tamén quixeron agradecer ao Real Aeroclub de Lugo a súa colaboración e por facilitar a realización desta visita.