As asociacións de Cospeito organizan unha viaxe a Muxía e Vimianzo

TerraChaXa
As inscricións poden realizarse ata o vindeiro venres 4 ante calquera membro das directivas organizadoras
viaxe-muxia-e-vimianzo
30 Aug 2026

As asociacións culturais de San Pedro de Seixas, Vilapene e San Martiño de Pino organizan unha excursión a Muxía e Vimianzo o domingo 13. A saída está programada para as 8.00 horas desde os puntos habituais e a actividade inclúe transporte en autobús, almorzo, visitas guiadas e xantar.

As inscricións poden realizarse ata o vindeiro venres 4 ante calquera membro das directivas organizadoras, aboando un prezo de 55 euros os socios e de 65 euros os que non o sexan. A praza quedará reservada unha vez efectuado o pagamento.

As entidades promotoras destacan que se trata dunha oportunidade para compartir unha xornada cultural e de convivencia descubrindo dous dos principais enclaves patrimoniais de Galicia.

0.14330101013184