As Campeiras organiza o San Xoán cunha gran sardiñada e festa popular

TerraChaXa
O prezo da entrada será de 15 euros para socios e 20 euros para non socios. Os tíckets poderanse recoller na tenda de Elicio ata o venres 19 de xuño
sardinada-as-campeiras
18 Jun 2026

O vindeiro martes 23 de xuño, a Asociación de Veciños Campeiras celebrará a tradicional festa de San Xoán cunha gran sardiñada a partir das 21:00 horas. O evento, que terá lugar nun ambiente festivo con lume e fogueira, contará cun menú composto por saborosas sardiñas, liscos, cachelos, sobremesa e viño.

O prezo da entrada será de 15 euros para socios e 20 euros para non socios. Os tíckets poderanse recoller na tenda de Elicio ata o venres 19 de xuño. Ademais da cea, os asistentes poderán gozar de música e de baile amenizado por Almudena, nunha noite cargada de tradición e espírito comunitario.

0.14253783226013