As comunidades de montes presentan en Guitiriz a súa iniciativa

TerraChaXa
A Organización galega de comunidades de montes iniciará na súa asemblea do 19 de febreiro a campaña de recollida de sinaturas
vista abadin monte
7 Feb 2022

A ORGACCMM celebrará o vindeiro sábado 19 de febreiro, no concello de Guitiriz, a súa asemblea xeral. Na asemblea presentarase a campaña para recabar as 10.000 sinaturas necesarias para avalar a Inciativa Lexislativa Popular rexistrada recentemente pola organización no Parlamento galego.

A Organización galega de comunidades de montes pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular "para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras".

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborado en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. "Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta ILP son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade axeitada a figura e as funcións dos montes veciñais", explican.

0.20869898796082