As festas chegan esta semana a Mondriz e Duarría

LugoXa | TerraChaXa
Entre os dous estarán de festa do 25 ao 28
festas-en-mondriz-e-duarria
Carteis
24 Xul 2024

As localidades de Mondriz e Duarría, en Castro de Rei celebran as súas festas estes días na honra a Santiago.

Abre a primeira a quenda comezando as celebracións o xoves 25. Primeiro haberá misa ás 13.30 horas con procesión e despois será a vez de Los Adrianos que se encargarán da sesión vermú e da verbena.

O venres será a vez de Solymar, que tamén fará dobrete para dar o final da festa. Tamén haberá misa á mesma hora.

O día que rematan as festas en Mondriz comezan en Duarría, que abrirá as celebracións cunha churrascada popular e verbena con Suavecito.

O sábado contarán coas actuacións de M3 Show e Olympus pola noite e dos primeiros tamén en sesión vermú despois da misa, prevista ás 14.00 horas.

O domingo haberá tamén dobrete musical, coa orquestra Escaparate, despois da misa, que repite horario.

0.085894107818604