As festas das Campeiras e O Brixeo recupéranse esta fin de semana tras 25 anos

As festas de As Campeiras e O Brixeo, comezan hoxe, venres 18 de setembro, cunha programación que se prolongará durante toda a fin de semana e que combinará música, gastronomía e actividades para os asistentes. Deste modo recupérase unha tradición que levaba suspendida 25 anos.
A primeira xornada terá lugar esta noite a partir das 21:00 horas, cunha actuación da solista Almudena e do DJ Eventec. Durante a noite haberá tamén paella e pinchos gratuítos para colaboradores e veciños.
O sábado 19 de setembro a programación comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Venus. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar un concerto a cargo da Rondalla O Castro de Miño e da Rondalla Vila das Pontes, subvencionadas pola Deputación da Coruña.
A noite do sábado continuará ás 23:00 horas cunha gran verbena na que actuarán o Dúo Venus e o grupo musical Punto Clave.
As celebracións pecharán o domingo 20 de setembro cunha sesión vermú ás 13:30 horas, amenizada polo Dúo Boreal, e coa celebración dun xantar a base de polbo.
Durante as tres xornadas haberá unha carpa cuberta e atraccións para completar a oferta festiva.