As festas en Nete volverán esta fin de semana

TerraChaXa
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa
festas-en-nete
26 sep 2024

Esta fin de semana, 28 e 29 de setembro, a localidade vilalbesa de Nete celebra as súas festas na honra a San Cosme e á Virxe da O.

O sábado, ás 13.40 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles, que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite, xunto con Olympus.

O domingo, tamén haberá misa solemne e na procesión participará Mestura de Nete. Tamén está prevista unha sesión vermú e, para rematar, unha verbena amenizadas pola orquestra Fuego.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.082058906555176