As Insuas do Miño acollen un BioBlitz o sábado para descubrir a súa biodiversidade

LugoXa | TerraChaXa
Realizarán distintos percorridos para observar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes na zona
Bioblitz-das-Insuas
7 May 2025

A Asociación Galega de Custodia do Territorio, en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus, organiza este sábado 10 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, un BioBlitz (ou BioLóstrego) nas Insuas do Miño, unha actividade multidisciplinar aberta ao público que busca identificar o maior número posible de especies nun curto espazo de tempo.

A xornada comezará na Casa das Insuas, onde se dará a benvida ás persoas participantes. A continuación, os asistentes desprazaranse en vehículos propios ata as Insuas do Miño, onde realizarán distintos percorridos para observar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes na zona.

Durante o evento empregarase a plataforma iNaturalist, coa que se poderán rexistrar todas as observacións realizadas e contribuír así á difusión do coñecemento científico e á posta en valor da biodiversidade deste espazo natural.

Unha oportunidade perfecta para aprender sobre a natureza, compartir coñecemento e gozar dun entorno único á beira do Miño.

A inscrición pode realizarse en www.custodiadoterritorio.org/actividades e ofrecen máis información no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630 948 293.

⚙ Configurar cookies
0.12542700767517