As localidades de Lamas de San Juan de Apregación están de festas en Friol

LugoXa | TerraChaXa
Deseñaron un programa para as xornadas de sábado e domingo
festas-fogos-artificiais-celebracion
Fogos artificiais
23 Ago 2024

As localidades friolesas de Santa María de Lamas e San Juna de Apregación celebran as súas festas patronais esta fin de semana.

No primeiro caso, na honra á Nosa Señora, haberá misa o sábado para abrir a programación, ás 13.30 horas cunha sesión vermú, e pola noite tamén na verbena, do dúo D'Caché.

O domingo haberá de novo sesión relixiosa e dobre sesión co solita Dani Pardo, en sesión vermú e de tarde (de 19.00 a 21.00 horas).

En San Juan están dedicadas á Virxe do Carme. Comezarán tamén o sábado co oficio relixioso e a procesión para seguir co grupo Lecer, que fará unha dobre sesión, ao mediodía e á noite, cando estará tamén do DJ Seijo.

O domingo Son de festas rematará as festas coa sesión vermú, logo da misa solemne, que será, como o sábado, ás 12.45 horas.

0.15523099899292