As Mulleres de Insua volven traballar o liño

TerraChaXa
As integrantes da asociación San Bartolomeu de Insua retoman o seu traballo que grupo que tivo que ser suspendido durante máis dun ano.
tascalino insua
20 Xul 2021

Coa relaxación das medidas, as integrantes da asociación San Bartolomeu de Insua retoman o seu traballo que grupo que tivo que ser suspendido durante máis dun ano.

Así, durante este mes comezaron a preparar a colleita dos dous anos anteriores, primeiro porque o ano pasado no se puido facer a Tasca e porque xa o pasado plantaron menos debido a esta situación de alerta sanitaria.

Así, volveron xuntarse para traballar estes días e deixar listo o que estaba recollido mentres o liño da colleita deste ano segue crecendo nos campos. Cando estea listo, arrincarse, lavarase, secarase e riparase para deixalo preparado para a tasca deste ano.

0.11164283752441