As Mulleres Rurais de Pol organizan unha viaxe a Ponferrada
TerraChaXa
A Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol organizan unha viaxe a Ponferrada para o 7 de setembro.
31 Aug 2019
A Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol organizan unha viaxe a Ponferrada para o 7 de setembro.
A viaxe está programada para saír ás 8 da mañá diante do Concello e visitarán o Museo da Radio, o Castelo dos Templarios, a vila de Molinaseca e as pallozas de Balboa.
O custe da viaxe son 25 euros para os socios de Mulleres Rurais Olvido e 28 euros para os non socios.
Os que desexen inscribirse poden facelo nos teléfonos 633 378 590 e no 666 230 570 (Mercedes) antes do 4 de setembro.