As Mulleres Rurais de Pol retoman as actividades e os cursos

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Mulleres Rurais de Pol amplía o seu catálogo de cursos anuais dirixidos a toda a poboación do Concello.
curso olvido mulleres rurais pol portada
10 Nov 2022

A Asociación Mulleres Rurais de Pol retoma as actividades e os cursos neste outono.

Os cursos seguirán na mesma liña que o ano pasado. Os luns teñen lugar as clases de ioga de luns a venres de 16.00 a 17.00 horas, dirixidas por Donvina e o martes os de bolillos, a cargo de Milagros, de 16.30 a 18.30 horas. A primera celébrase na caseta da Carballeira e a segunda na bilioteca.

Ademais, o mércores contan con piscina e agyagym, de 21.30 a 22.15 horas, a cargo de Miguel na piscina da Pastoriza e os martes e xoves de 22.00 a 23.00 horas no local da Carballeira hai pilates.

Os cursos xa empezaron pero aínda hai prazas, polo que para inscribirse hai que poñerse en contacto coa asociación a través dos teléfonos 633 378 590, 666 230 570 e 616 129 825.

TEATRO E CEA BAILE

Organizado pola asociación, o Circuíto de Teatro Afeccionado fará parada en Pol este sábado, 12 de novembro, coa representación da obra O terapeuta, da Asociación O Pico do Castro de Foz. A obra poderá verse no centro sociocultural de Mosteiro a partir das 18.00 horas.

Por otra banda, teñen convocada unha cea baile para o día 19 de novembro. Será no restaurante Suso, en Castro Ribeiras de Lea, a partir das 21.30 horas, amenizada polo acordeonista Suso.

O prezo será de 28 euros para socias e 30 para non socias con data límite o 16 de novembro. Os teléfonos para anotarse son os mesmos que os dos cursos.

curso olvido mulleres rurais pol
0.1755108833313