As obras de mellora da rúa da Lodeira, de Ribadeo, darán comezo estes días

TerraChaXa | AMariñaXa
As obras de mellora da rúa da Lodeira, de Ribadeo, darán comezo estes días. O prazo de execución é de dous meses.
Pousada de Pepa a loba
Pousada de Pepa a loba
17 Nov 2020

O Concello de Ribadeo anunciou que dentro duns días darán comezo as obras de mellora da rúa da Lodeira. O prazo de execución é de dous meses e o investimento ascende a 48.000 euros, que será financiado integramente pola Deputación de Lugo, que é o titular dese vial.

Estas obras de mellora queren dar resposta á necesidade na que se atopaba este vial que estaba bastante degradado, e que se executarán cunha dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico, desde o encontro da avenida Rosalía de Castro ata o encontro co vial de servizo da autovía A-8, é dicir, practicamente 400 metros de lonxitude, onde ademais de aglomerado se vai contemplar tamén o pintado e sinalización, así como a mellora dalgún tramo de beirarrúa.

Está adxudicada á empresa Construcciones Isidro Otero, tendo un prazo de execución máximo de dous meses. As obras empezarán ben a final desta semana ou, como moi tarde, a principios da que ven.

0.17984294891357