As Pontes abre o luns o prazo para inscribirse nos campamento de Nadal

TerraChaXa
Están dirixidos a nenas e nenos nados entre 2013 e 2021, e desenvolveranse os días 23, 26, 27, 30 de decembro 2024 e 2, 3, e 7 de xaneiro de 2025
campamentos-nadal-as-pontes
9 Nov 2024

O Concello das Pontes abre o luns, 11 de novembro, o prazo de inscrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal, de conciliación familiar, 2024-2025, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

Os campamentos, dirixidos a nenas e nenos nados entre 2013 e 2021, desenvolveranse os días 23, 26, 27, 30 de decembro 2024 e 2, 3, e 7 de xaneiro de 2025 e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboración, encamiñados a facilitar a convivencia entre os/as menores. As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles e a cota de inscrición é de 40 euros por cada menor inscrito.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nestes campamentos deben estar empadroadas no Concello das Pontes e traballando no período de vacacións, dándoselle prioridade ás familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM 2024, límite que se incrementa nun 15 % cando se trate de familias monomarentais/monoparentais ou familias numerosas.

Para a xustificación destas situacións é preciso achegar a seguinte documentación: fotocopia do libro de familia (en caso de ser o primeiro ano de inscrición), fotocopia do DNI das persoas solicitantes e menores (en caso de ser o primeiro ano de inscrición) certificado de empadroamento da unidade familiar ou autorización para a comprobación destes datos no padrón municipal e declaración da renda do 2023 ou xustificante de non ter a obriga de facela.

Ademais haberá que achegar certificados de empresa conforme se está traballando ou non en período de vacacións (para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos), certificado da entidade que imparte a formación de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico (de ser o caso) así como outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións de respiro familiar ou similares.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal, ata o 4 de decembro. Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica municipal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16884613037109