As Pontes abre un novo grupo de iniciación ao gancho para aprender desde cero

TerraChaXa | FerrolXa
As clases están deseñadas para comezar desde os coñecementos máis básicos e avanzar de maneira progresiva
clases-iniciacion-gancho-as-pontes
29 Sep 2026

A iniciativa Puntadas con Agarimo pon en marcha nas Pontes un novo grupo de iniciación ao gancho pensado para persoas que queiran achegarse a esta técnica artesanal por primeira vez ou aprender ao seu propio ritmo.

As clases están deseñadas para comezar desde os coñecementos máis básicos e avanzar de maneira progresiva, cun acompañamento adaptado ás necesidades de cada participante. Ademais de aprender a realizar diferentes labores, a proposta pretende converterse nun espazo de encontro no que compartir tempo e desenvolver a creatividade a través do traballo manual.

A actividade está aberta a todas aquelas persoas que sempre tiveron curiosidade polo gancho e aínda non deron o paso para comezar. A organización anima a aproveitar esta oportunidade para descubrir unha nova afección e aprender nun ambiente tranquilo e sen présas.

O prezo establecido é de 20 euros para as persoas socias e de 25 euros para as non socias. Para obter máis información ou formalizar a inscrición é posible contactar con Bego no teléfono 649 50 62 99.

0.1673789024353