As Pontes acolle a presentación do estudo 'Carne de vacún en pasto'

TerraChaXa
Trátase dunha xornada que analizará os resultados económicos e técnicos das gandarías de carne e ofrecerá claves para unha produción máis rendíbel
presentacion-do-studo-carne-de-vacun-de-pasto
21 Nov 2024

As Pontes será o escenario este venres, 22 de novembro, da presentación do estudo realizado polo grupo operativo Carne de vacún en pasto, unha xornada que analizará os resultados económicos e técnicos das gandarías de carne e ofrecerá claves para unha produción máis rendíbel.

O evento terá lugar no auditorio Casa Dopeso, de 11:00 a 17:30 horas, e contará cun programa completo que se iniciará coa presentación do grupo operativo. Durante a mañá farase unha análise dos resultados económicos das gandarías e dos resultados técnicos para deixar unha quenda de preguntas e debate sobre Como producir para ser máis rendíbel?

Despois do xantar haberá unha visita a unha granxa de carne, para rematar ás 17.30 horas.

O obxectivo principal é compartir experiencias e coñecementos para mellorar a sustentabilidade e eficiencia deste sector tan relevante no rural galego.

0.16247797012329